Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta EDLG

Teatro de títeres

A materia de Proxecto Competencial (todos os cursos da ESO) coordinou este proxecto de continuidade dende o curso pasado.  O alumnado participou na preparación de tres obras de teatro de títeres:  O castiñeiro do Apalpador (Inácio Vilariño Sanmartín, ed. Baía, 2017)  O home e o can (baseado no filme de Ángel de la Cruz, 2022) A bruxa regañadentes (Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello, ed.OQO, 2017) A actividade afectou a múltiples áreas e todas as etapas creativas. Comezamos co traballo dos guións sobre os que traballar, creación e situación do escenario, a creación dos propios personaxes, o traballo sobre as obras e os seus guións, cuestións técnicas relacionadas con iluminación e son, creación de decorados, ensaios e interpretación...  n Os ensaios e as representacións realizáronse no espazo da Cafetería do edificio de ESO. Implicáronse os departamentos de Tecnoloxía, Ed. Física, Plástica, Música, Lingua Galega, Pedagoxía Terapéutica e o EDLG. Relácionase c...

Festa da lingua. 15 de maio

 Con motivo da celebración do 17 de maio, Día das Letras, o EDLG Trazos organizou varias actividades. A primeira foi unha exposición de material relacionado coas cantareiras e en concreto co concello ou comarca: o Cancioneiro Popular Galego e as súas entradas máis próximas (lugares de Ordes e de Tordoia); os libros relacionados co concello e as súas mencións ás panxolas e ás coplas populares; material discográfico con temas recollidos na zona. O 15 de maio organizamos unha Festa da Lingua, coa actuación como fío condutor de tres actrices no papel da musicóloga Dorothé Schubarth, unha alumna e unha anciá informante. Foron pasando as distintas actuacións en todas as etapas: baile do Xogo da Carrasquiña, baile do Señor da serra, baile e cantareiras coa Xota e muiñeira de Monzo, actuación do grupo de regueifa, un conto tradicional, actuación de cantareiras maiores de Trazo e a interpretación conxunta do tema 'A Sementeira'.  

Proxecto Son do pallote

No marco da celebración do 17 de maio, Día das Letras, encadramos o proxecto Son do pallote .  O CPI Viaño Pequeno quere contribuír a esta tarefa de posta en valor e difusión. Así, o departamento de Música e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega 'Trazos' decidimos poñer en marcha este proxecto Son do pallote, recompilando máis de trescentas coplas populares, recollidas en 2002 polo alumnado de Música de 4º de ESO. Das dez cintas conservadas, nove son voces femininas. Aquí aparece unha selección dos audios de cada cantareira. Estes audios  e os traballos escritos foron entregados ao Museo do Pobo Galego, onde serán accesibles a toda a cidadanía a través do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI).  Está relacionado dos ámbitos de Identidade territorial e Patrimonio cultural. Pódelo consultar neste enlace .

30 de xaneiro: Día da Paz

 O alumnado de ESO, logo de contextualizar a actividade e a conmemoración do día, traballou co origami. Elaboraron paxariñas de papel de cores variadas, que logo se penduraron do teito do vestíbulo. Correu a cargo do departamento de Plástica. Ademais, en Música todos os cursos prepararon unha variación da Fuga Xeográfica de Ernst Toch, coñecidísimo tema en forma de rondó rítmico, con topónimos de lugares en conflito do planeta. Leuse un manifesto pola paz e o respecto aos Dereitos Humanos e seguidamente interpretouse o tema musical a dúas voces, con acompañamento de percusión. Esta actividade relaciónase cos ámbitos de arquitectura e urbanismo e coa paisaxe.

Somos noticia!

Como sabedes, está en marcha, prorrogada deica primeiros de xaneiro de 2025, a exposición Toponimia galega castelanizada e deturpada. A profesora Luísa Diéguez, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES PUGA RAMÓN (A Coruña), organizou a recollida de toponimia castelanizada de calquera punto xeográfico de Galicia. Con este traballo preténdese denunciar o incumprimento desta lei por parte da Administración.  O xornal comarcal Primeira Noticia publicou a toda páxina unha información sobre o evento, acompañado por catro imaxes cos nosos corredores acollendo a exposición. Na propia portada dese número de decembro aparecía como un dos titulares destacados. Precisamente no corpo da noticia alúdese á relación entre esa actividade e este Proxecto Terra, contribuíndo así a difundilo entre a poboación xeral. Con máis de 3 anos de traxectoria, Primeira Noticia é un xornal con edición mensual e cunha tirada de 5.000 exemplares. Como emblema da comarca máis galegofalante de Gali...
  Dende o luns 20 de novembro ata o 5 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Viaño Pequeno (Trazo, A Coruña) presenta a exposición ' Toponimia galega castelanizada e deturpada '. Como sabemos, a Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade no parlamento galego (1983) recolle no artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. Estas denominacións son as legais a todos os efectos e a rotulaxe terá que concordar con elas. Por desgraza, corenta e un anos despois da aprobación desta lei, moita toponimia do noso país segue rotulada en castelán. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES PUGA RAMÓN (A Coruña), comandado pola profesora Luísa Diéguez, organizou a recollida de toponimia castelanizada de calquera punto xeográfico de Galicia. Con este traballo preténdese denunciar o incumprimento desta lei por parte da Administración. A exposición figurou en múltiples lugares, dende centros educativos ata concellos e ...