Saltar ao contido principal

30 de xaneiro: Día da Paz

 O alumnado de ESO, logo de contextualizar a actividade e a conmemoración do día, traballou co origami. Elaboraron paxariñas de papel de cores variadas, que logo se penduraron do teito do vestíbulo. Correu a cargo do departamento de Plástica.

Ademais, en Música todos os cursos prepararon unha variación da Fuga Xeográfica de Ernst Toch, coñecidísimo tema en forma de rondó rítmico, con topónimos de lugares en conflito do planeta. Leuse un manifesto pola paz e o respecto aos Dereitos Humanos e seguidamente interpretouse o tema musical a dúas voces, con acompañamento de percusión.

Esta actividade relaciónase cos ámbitos de arquitectura e urbanismo e coa paisaxe.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.