Saltar ao contido principal

Paisaxes sonoras

 

Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos.



Materia: Expresión Artística (4º ESO) 

Profesora: Débora Fresno Rodríguez 

Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística 

OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE :

Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.  

CONTIDOS TRABALLADOS 

C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais. 

C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas.


RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS 

• Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas) 

• Papel liso negro (formato circular) 

• Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento” 

• Cámara fotográfica (gravación das paisaxes) 

TEMPO DE REALIZACIÓN 

Cinco sesións: 

1. Introdución da actividade e presentación de exemplos artísticos de  referencia. 

2. Procura de información e selección de elementos para a composición da paisaxe. 

3. Elaboración da paisaxe en formato circular (técnica seca mixta: rotulador tinta branca, ceras e pasteis). 

4. Transformación da paisaxe circular ao formato lineal da caixa de  música. 

5. Presentación das paisaxes e gravación da súa reprodución sonora. 



  

  

 

 


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.