Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta conmemoración

Festa da lingua. 15 de maio

 Con motivo da celebración do 17 de maio, Día das Letras, o EDLG Trazos organizou varias actividades. A primeira foi unha exposición de material relacionado coas cantareiras e en concreto co concello ou comarca: o Cancioneiro Popular Galego e as súas entradas máis próximas (lugares de Ordes e de Tordoia); os libros relacionados co concello e as súas mencións ás panxolas e ás coplas populares; material discográfico con temas recollidos na zona. O 15 de maio organizamos unha Festa da Lingua, coa actuación como fío condutor de tres actrices no papel da musicóloga Dorothé Schubarth, unha alumna e unha anciá informante. Foron pasando as distintas actuacións en todas as etapas: baile do Xogo da Carrasquiña, baile do Señor da serra, baile e cantareiras coa Xota e muiñeira de Monzo, actuación do grupo de regueifa, un conto tradicional, actuación de cantareiras maiores de Trazo e a interpretación conxunta do tema 'A Sementeira'.  

30 de xaneiro: Día da Paz

 O alumnado de ESO, logo de contextualizar a actividade e a conmemoración do día, traballou co origami. Elaboraron paxariñas de papel de cores variadas, que logo se penduraron do teito do vestíbulo. Correu a cargo do departamento de Plástica. Ademais, en Música todos os cursos prepararon unha variación da Fuga Xeográfica de Ernst Toch, coñecidísimo tema en forma de rondó rítmico, con topónimos de lugares en conflito do planeta. Leuse un manifesto pola paz e o respecto aos Dereitos Humanos e seguidamente interpretouse o tema musical a dúas voces, con acompañamento de percusión. Esta actividade relaciónase cos ámbitos de arquitectura e urbanismo e coa paisaxe.