Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2026

Día do Libro: Maiores contan a peques

  Hoxe traemos unha desas novas que fan que o noso colexio sexa un lugar tan especial. A maxia dos libros volveu inundar as nosas aulas cunha actividade que nos une a todos e todas. Continuación de ‘Os maiores contan aos pequenos’ Damos continuidade ao noso entrañable programa onde a literatura serve de ponte entre diferentes xeracións do centro. Nesta ocasión, as lecturas compartidas trasladáronse á biblioteca de Educación Primaria e Educación Infantil, creando un espazo de convivencia fantástico onde os máis maiores se converten en guías e cómplices dos máis pequenos a través dos contos. Coincidindo coa celebración do 23 de abril (Día do Libro), levamos a cabo a xornada de ‘Padriños lectores’ / ‘Maiores contan a pequenos’. Foi emocionante ver como o alumnado compartía lecturas, recomendacións e momentos inesquecibles arredor das páxinas das súas historias favoritas. Esta actividade estivo dirixida a todo o centro e pensada tamén para abrir as nosas portas a toda a contorna, impli...

Patrimonio arquitectónico de Trazo en gravados

 Os grupos da materia de Educación, Plástica, Visual e Audiovisual de 3º ESO fixeron unha achega ao patrimonio arquitectónico do Concello de Trazo. Mediante unha serie de gravados sobre linóleo amosan unha visión singular e alternativa aos medios fotográficos. A exposición pódese visitar na entrada do Edificio de Secundaria do CPI Viaño Pequeno.