A materia de Proxecto Competencial (todos os cursos da ESO) coordinou este proxecto de continuidade dende o curso pasado. O alumnado participou na preparación de tres obras de teatro de títeres: O castiñeiro do Apalpador (Inácio Vilariño Sanmartín, ed. Baía, 2017) O home e o can (baseado no filme de Ángel de la Cruz, 2022) A bruxa regañadentes (Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello, ed.OQO, 2017) A actividade afectou a múltiples áreas e todas as etapas creativas. Comezamos co traballo dos guións sobre os que traballar, creación e situación do escenario, a creación dos propios personaxes, o traballo sobre as obras e os seus guións, cuestións técnicas relacionadas con iluminación e son, creación de decorados, ensaios e interpretación... n Os ensaios e as representacións realizáronse no espazo da Cafetería do edificio de ESO. Implicáronse os departamentos de Tecnoloxía, Ed. Física, Plástica, Música, Lingua Galega, Pedagoxía Terapéutica e o EDLG. Relácionase c...