Saltar ao contido principal

Teatro de títeres

A materia de Proxecto Competencial (todos os cursos da ESO) coordinou este proxecto de continuidade dende o curso pasado. 

O alumnado participou na preparación de tres obras de teatro de títeres: 

  • O castiñeiro do Apalpador (Inácio Vilariño Sanmartín, ed. Baía, 2017) 
  • O home e o can (baseado no filme de Ángel de la Cruz, 2022)
  • A bruxa regañadentes (Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello, ed.OQO, 2017)

A actividade afectou a múltiples áreas e todas as etapas creativas. Comezamos co traballo dos guións sobre os que traballar, creación e situación do escenario, a creación dos propios personaxes, o traballo sobre as obras e os seus guións, cuestións técnicas relacionadas con iluminación e son, creación de decorados, ensaios e interpretación... n

Os ensaios e as representacións realizáronse no espazo da Cafetería do edificio de ESO.

Implicáronse os departamentos de Tecnoloxía, Ed. Física, Plástica, Música, Lingua Galega, Pedagoxía Terapéutica e o EDLG.

Relácionase cos ambitos de Dereito ao habitat, Paisaxe e o de Identidade territorial.

A representación de O castiñeiro do Apalpador foi o 19 de decembro de 2024, con dous pases (EP e ESO). 

O home e o can representouse o 20 de xuño de 2025, cun pase único. 


 

A última obra, A bruxa regañadentes, segue en proceso _cos personaxes, o escenario e os panos de fondo creados_ e agardamos facer os últimos ensaios e a representación no primeiro trimestre do curso seguinte.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...