Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2025

Coreografíate 2025

  Preparados para mover o corpo e presumir de lingua? Hoxe traemos ao blogue unha iniciativa que nos ten a todos e todas con moito ritmo no corpo: a nosa participación no Certame Coreografíate , unha iniciativa organizada e xestionada pola Asociación SocioPedagóxica Galega (AS-PG) . Este proxecto vai moito máis alá de aprender uns pasos de baile; é unha homenaxe á nosa cultura e un impulso directo á música realizada en galego como unha ferramenta perfecta de comunicación, expresión e divulgación do noso idioma entre a mocidade. O reto do Coreográfiate propón fusionar a actividade física coa identidade cultural. A partir de cancións do panorama musical galego actual, o noso alumnado tivo que converterse en coreógrafo e bailarín, traballando nestes pires fundamentais: Dinamización lingüística: Descubrir, escoitar e poñer en valor os ritmos e as letras que se fan hoxe en día en Galicia. Expresión corporal e ritmo: Utilizar o movemento do corpo para comunicar a mensaxe e a forza da...