7 ao 24 de outubro: EXPOSICIÓN ‘Mulleres do Medievo galego’ Grazas á colaboración coa área de Igualdade, dependente de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, o noso centro converteuse nunha xanela ao pasado para rescatar o legado das mulleres que axudaron a construír a nosa historia. Estivo nos nosos corredores do 7 ao 24 de outubro de 2025. Estes días puidemos desfrutar nos corredores do centro dunha fascinante exposición de paneis centrada na vida e relevancia de dez mulleres galegas fundamentais da época medieval. O máis espectacular da mostra é que a biografía de cada unha delas vén acompañada de impresionantes deseños realizados por ilustradoras galegas actuais, creando unha ponte perfecta entre a nosa historia e a arte contemporánea. A exposición non veu soa. Para sacarlle o máximo partido, activamos unha serie de actividades paralelas adaptadas desde 4º de Educación Primaria ata 4º da ESO, onde o alumnado puido investigar, crear e reflexionar dende difer...