Saltar ao contido principal

Mulleres do Medievo galego

 

7 ao 24 de outubro: EXPOSICIÓN ‘Mulleres do Medievo galego’

 

 

Grazas á colaboración coa área de Igualdade, dependente de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, o noso centro converteuse nunha xanela ao pasado para rescatar o legado das mulleres que axudaron a construír a nosa historia. Estivo nos nosos corredores do 7 ao 24 de outubro de 2025.

Estes días puidemos desfrutar nos corredores do centro dunha fascinante exposición de paneis centrada na vida e relevancia de dez mulleres galegas fundamentais da época medieval. O máis espectacular da mostra é que a biografía de cada unha delas vén acompañada de impresionantes deseños realizados por ilustradoras galegas actuais, creando unha ponte perfecta entre a nosa historia e a arte contemporánea.

A exposición non veu soa. Para sacarlle o máximo partido, activamos unha serie de actividades paralelas adaptadas desde 4º de Educación Primaria ata 4º da ESO, onde o alumnado puido investigar, crear e reflexionar dende diferentes materias:

O departamento de Plástica estivo analizando o estilo das ilustracións e creando novas propostas artísticas. Dende Música coñeceron a paisaxe sonora e as cantigas da época medieval. O departamento de Lingua e Literatura Galega traballou cos textos históricos e a literatura daquel tempo.

Xeografía e Historia afondou no papel da muller na sociedade medieval e debateu sobre a importancia de visibilizar o seu legado.

Aínda que as actividades nas aulas se centraron dende 4º de Primaria ata o final da ESO, a mostra estivo dirixida a todo o centro, permitindo que calquera membro da comunidade educativa puidese achegarse a coñecer a estas dez referentes.

Seguimos aprendendo, cooperando e reivindicando a nosa historia en feminino!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...