Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2026

Obradoiro de Imprenta Creativa. Mes das Letras

  Maio é o Mes das Letras en todo o país e o noso centro non ía ser menos. Fixemos múltiplas actividades que implicaron as distintas etapas. Imos cunha ben creativa! O alumnado de Educación Primaria e ESO converteuse en artesáns da palabra grazas a un fantástico obradoiro de imprenta creativa . da man de Alouette Machine Unha oportunidade única para manchar as mans de tinta, experimentar con tipografías e entender o valor dos libros e da edición desde unha perspectiva totalmente artística. As citas máis suxerentes, impactantes e célebres de Rosalía de Castro, de Castelao ou de Begoña Caamaño convertéronse en pósters moi artísticos. A idea e a organización partiu do departamento de Plástica, contando coa financiación do EDLG do centro. Colaboraron os departamentos de Tecnoloxía, Oratoria, LGL, titorías ESO e EP, o equipo directivo e XªHª.

II Fiote da Lingua. Mes das Letras

    Este mes de maio veu cargado de actividades incribles nas que participou todo o alumnado, dende Educación Infantil ata a ESO. Queremos facer un repaso por todo o que vivimos nestas semanas tan intensas e especiais. Deixámosvos un resumo do máis destacado! Un dos pratos fortes do mes foi a celebración do II Fiote da Lingua, que este ano estivo dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Para prepararnos, fixemos un gran traballo previo coas súas fotografías e textos, que despois se transformou nu n cartel artístico conmemorativo, u n móbil co seu arquivo fotográfico e u nha exposición bibliográfica na biblioteca con libros da autora e sobre ela. O día grande do Fiote foi unha auténtica festa cultural na que se implicaron Infantil, Primaria e ESO. Tivemos de todo e en directo! Houbo radio en vivo e directo; m úsica en galego actual e baile tradicional;  recitado de poemas, performances e regueifas ademais de a rte urbana en vivo coa creación dun grafitti. Non o pu...

Fálame da emigración

Dende a Fundación ABANCA viñeron voluntarios dentro do proxecto "Falame da Emigración".  Ao longo de dúas sesións, os voluntarios relataron as súas experiencias ao alumnado de 3º ESO. Na primeira sesión, contaron os motivos que os levaron a emigrar e como foi a súa vida no estranxeiro en países tan diversos como Francia, Arxentina e Países Baixos. Na segunda sesión, tratamos e falamos sobre os motivos e causas que levan a unha persoa a ter que emigrar e as consecuencias a nivel económico e social. Esta experiencia permitiu achegar e contactar a dúas xeracións. A xente nova puido ver o valor da experiencia e do consello que lle poden aportar os maiores así como saber  valorar a nosa vida actual comparando co pasado.