Dende a Fundación ABANCA viñeron voluntarios dentro do proxecto "Falame da Emigración". Ao longo de dúas sesións, os voluntarios relataron as súas experiencias ao alumnado de 3º ESO. Na primeira sesión, contaron os motivos que os levaron a emigrar e como foi a súa vida no estranxeiro en países tan diversos como Francia, Arxentina e Países Baixos.
Na segunda sesión, tratamos e falamos sobre os motivos e causas que levan a unha persoa a ter que emigrar e as consecuencias a nivel económico e social.
Esta experiencia permitiu achegar e contactar a dúas xeracións. A xente nova puido ver o valor da experiencia e do consello que lle poden aportar os maiores así como saber valorar a nosa vida actual comparando co pasado.




Comentarios
Publicar un comentario