Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta igualdade

Mulleres do Medievo galego

  7 ao 24 de outubro: EXPOSICIÓN ‘Mulleres do Medievo galego’     Grazas á colaboración coa área de Igualdade, dependente de Servizos Sociais da Deputación da Coruña, o noso centro converteuse nunha xanela ao pasado para rescatar o legado das mulleres que axudaron a construír a nosa historia. Estivo nos nosos corredores do 7 ao 24 de outubro de 2025. Estes días puidemos desfrutar nos corredores do centro dunha fascinante exposición de paneis centrada na vida e relevancia de dez mulleres galegas fundamentais da época medieval. O máis espectacular da mostra é que a biografía de cada unha delas vén acompañada de impresionantes deseños realizados por ilustradoras galegas actuais, creando unha ponte perfecta entre a nosa historia e a arte contemporánea. A exposición non veu soa. Para sacarlle o máximo partido, activamos unha serie de actividades paralelas adaptadas desde 4º de Educación Primaria ata 4º da ESO, onde o alumnado puido investigar, crear e reflexionar dende difer...

8 marzo, Día da Muller. A miña aldea. Mural e pódcast

 En colaboración co Servizo de Igualdade do concello de Trazo realizouse este curso un novo mural no patio da escola titulado “A miña aldea”. A elaboración correu a cargo de alumnado de distintos grupos do centro, tanto de Ed. Primaria coma da ESO. Previamente o colectivo As Paxaras , formado por Eva Agra e Marina AMR (Festa), desenvolveron varios obradoiros de empoderamento feminino e sensibilización en igualdade.  A obra literaria de Rosalía Morlán, fundamentalmente a poética, foi a base destes obradoiros. Como produto final ideáronse tres marcapáxinas con cadanseu deseño orixinal e poema da autora amais un mural que loce no edificio II de Ed. Primaria.   Esta autora é natural de Vilariño (Trazo) e o concello outorgoulle o título de filla predilecta neste 8 de marzo de 2025. Tamén a ilustradora Eva Agra ten orixe familiar no concello.  Este proxecto ten a ver cos ámbitos de identidade territorial, desenvolvemento sustentable, patrimonio cultural e paisaxe...