Saltar ao contido principal

8 marzo, Día da Muller. A miña aldea. Mural e pódcast

 En colaboración co Servizo de Igualdade do concello de Trazo realizouse este curso un novo mural no patio da escola titulado “A miña aldea”.

A elaboración correu a cargo de alumnado de distintos grupos do centro, tanto de Ed. Primaria coma da ESO. Previamente o colectivo As Paxaras, formado por Eva Agra e Marina AMR (Festa), desenvolveron varios obradoiros de empoderamento feminino e sensibilización en igualdade. 

A obra literaria de Rosalía Morlán, fundamentalmente a poética, foi a base destes obradoiros. Como produto final ideáronse tres marcapáxinas con cadanseu deseño orixinal e poema da autora amais un mural que loce no edificio II de Ed. Primaria.  

Esta autora é natural de Vilariño (Trazo) e o concello outorgoulle o título de filla predilecta neste 8 de marzo de 2025. Tamén a ilustradora Eva Agra ten orixe familiar no concello. 

Este proxecto ten a ver cos ámbitos de identidade territorial, desenvolvemento sustentable, patrimonio cultural e paisaxe.


As artistas Eva Agra e Marina AMR (As Paxaras) e a escritora Rosalía Morlán colaboraron coa iniciativa de pódcasts A Cafetería, e así publicarmos uns capítulos. 

Capítulo 1: Eva Agra e Marina AMR Spotify e iVoox.

Capítulo 2: Rosalía Morlán iVoox e Spotify







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...