Saltar ao contido principal

Publicacións

Teatro de títeres. A bruxa regañadentes

A materia de Proxecto Competencial en segundo de ESO coordinou este proxecto de continuidade que comezou hai dous anos.  A actividade afectou a múltiples áreas e todas as etapas creativas. Comezamos co traballo dos guións sobre os que traballar, creación e situación do escenario, a creación dos propios personaxes, o traballo sobre as obras e os seus guións, cuestións técnicas relacionadas con iluminación e son, creación de decorados, ensaios e interpretación...  Os ensaios e as representacións realizáronse no espazo da Cafetería do edificio de ESO. Implicáronse os departamentos de Tecnoloxía, Ed. Física, Plástica, Música, Lingua Galega, Pedagoxía Terapéutica e o EDLG. Relácionase cos ambitos de Dereito ao habitat, Paisaxe e o de Identidade territorial. Este ano estreouse A bruxa regañadentes ( Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello, ed.OQO, 2017)  que en tres pases foi reprentada para o alumnado de infantil e os primeiros cursos de primaria. Tamén comenzou a preparació...
Publicacións recentes

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.

Obradoiro de Imprenta Creativa. Mes das Letras

  Maio é o Mes das Letras en todo o país e o noso centro non ía ser menos. Fixemos múltiplas actividades que implicaron as distintas etapas. Imos cunha ben creativa! O alumnado de Educación Primaria e ESO converteuse en artesáns da palabra grazas a un fantástico obradoiro de imprenta creativa . da man de Alouette Machine Unha oportunidade única para manchar as mans de tinta, experimentar con tipografías e entender o valor dos libros e da edición desde unha perspectiva totalmente artística. As citas máis suxerentes, impactantes e célebres de Rosalía de Castro, de Castelao ou de Begoña Caamaño convertéronse en pósters moi artísticos. A idea e a organización partiu do departamento de Plástica, contando coa financiación do EDLG do centro. Colaboraron os departamentos de Tecnoloxía, Oratoria, LGL, titorías ESO e EP, o equipo directivo e XªHª.

II Fiote da Lingua. Mes das Letras

    Este mes de maio veu cargado de actividades incribles nas que participou todo o alumnado, dende Educación Infantil ata a ESO. Queremos facer un repaso por todo o que vivimos nestas semanas tan intensas e especiais. Deixámosvos un resumo do máis destacado! Un dos pratos fortes do mes foi a celebración do II Fiote da Lingua, que este ano estivo dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Para prepararnos, fixemos un gran traballo previo coas súas fotografías e textos, que despois se transformou nu n cartel artístico conmemorativo, u n móbil co seu arquivo fotográfico e u nha exposición bibliográfica na biblioteca con libros da autora e sobre ela. O día grande do Fiote foi unha auténtica festa cultural na que se implicaron Infantil, Primaria e ESO. Tivemos de todo e en directo! Houbo radio en vivo e directo; m úsica en galego actual e baile tradicional;  recitado de poemas, performances e regueifas ademais de a rte urbana en vivo coa creación dun grafitti. Non o pu...

Fálame da emigración

Dende a Fundación ABANCA viñeron voluntarios dentro do proxecto "Falame da Emigración".  Ao longo de dúas sesións, os voluntarios relataron as súas experiencias ao alumnado de 3º ESO. Na primeira sesión, contaron os motivos que os levaron a emigrar e como foi a súa vida no estranxeiro en países tan diversos como Francia, Arxentina e Países Baixos. Na segunda sesión, tratamos e falamos sobre os motivos e causas que levan a unha persoa a ter que emigrar e as consecuencias a nivel económico e social. Esta experiencia permitiu achegar e contactar a dúas xeracións. A xente nova puido ver o valor da experiencia e do consello que lle poden aportar os maiores así como saber  valorar a nosa vida actual comparando co pasado. 

Viaxe a Guimarães

Este curso 25/26 a nosa participación no Proxecto Terra, permitiunos coñecer a marabillosa vila de Guimaraes. Despois de moito traballo, chegou o esperado momento da viaxe. Na ida visitamos a Citania de Briteiros, acompañados polos arqueólogos do lugar. Tras o xantar continuamos en autobús cara a cidade, aproveiitando para facer un percorrido guiado pola cidade que rematou no Monte da Pena. Despois dunha pequenoa visita á Área de Rehabilitación de Couros, dirixímonos cara ao hotel No segundo día Outra vez na área de Couros visitamos a centro de ciencia viva. Ao rematar visitamos o centro histórico de cidade e despois de xantar dirixímonos ao castelo onde poidemos visitar o Pazo dos Duques de Braganza.

Día do Libro: Maiores contan a peques

  Hoxe traemos unha desas novas que fan que o noso colexio sexa un lugar tan especial. A maxia dos libros volveu inundar as nosas aulas cunha actividade que nos une a todos e todas. Continuación de ‘Os maiores contan aos pequenos’ Damos continuidade ao noso entrañable programa onde a literatura serve de ponte entre diferentes xeracións do centro. Nesta ocasión, as lecturas compartidas trasladáronse á biblioteca de Educación Primaria e Educación Infantil, creando un espazo de convivencia fantástico onde os máis maiores se converten en guías e cómplices dos máis pequenos a través dos contos. Coincidindo coa celebración do 23 de abril (Día do Libro), levamos a cabo a xornada de ‘Padriños lectores’ / ‘Maiores contan a pequenos’. Foi emocionante ver como o alumnado compartía lecturas, recomendacións e momentos inesquecibles arredor das páxinas das súas historias favoritas. Esta actividade estivo dirixida a todo o centro e pensada tamén para abrir as nosas portas a toda a contorna, impli...