Maio é o Mes das Letras en todo o país e o noso centro non ía ser menos. Fixemos múltiplas actividades que implicaron as distintas etapas. Imos cunha ben creativa!
O alumnado de Educación Primaria e ESO converteuse en artesáns da palabra grazas a un fantástico obradoiro de imprenta creativa. da man de Alouette Machine Unha oportunidade única para manchar as mans de tinta, experimentar con tipografías e entender o valor dos libros e da edición desde unha perspectiva totalmente artística.
As citas máis suxerentes, impactantes e célebres de Rosalía de Castro, de Castelao ou de Begoña Caamaño convertéronse en pósters moi artísticos.
A idea e a organización partiu do departamento de Plástica, contando coa financiación do EDLG do centro. Colaboraron os departamentos de Tecnoloxía, Oratoria, LGL, titorías ESO e EP, o equipo directivo e XªHª.
Comentarios
Publicar un comentario