Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta toponimia

Somos noticia!

Como sabedes, está en marcha, prorrogada deica primeiros de xaneiro de 2025, a exposición Toponimia galega castelanizada e deturpada. A profesora Luísa Diéguez, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES PUGA RAMÓN (A Coruña), organizou a recollida de toponimia castelanizada de calquera punto xeográfico de Galicia. Con este traballo preténdese denunciar o incumprimento desta lei por parte da Administración.  O xornal comarcal Primeira Noticia publicou a toda páxina unha información sobre o evento, acompañado por catro imaxes cos nosos corredores acollendo a exposición. Na propia portada dese número de decembro aparecía como un dos titulares destacados. Precisamente no corpo da noticia alúdese á relación entre esa actividade e este Proxecto Terra, contribuíndo así a difundilo entre a poboación xeral. Con máis de 3 anos de traxectoria, Primeira Noticia é un xornal con edición mensual e cunha tirada de 5.000 exemplares. Como emblema da comarca máis galegofalante de Gali...

Introducíndonos na toponimia

En Oratoria de 3ºESO estivemos traballando arredor dos nomes das nosas parroquias, aldeas e outras entidades de poboación, é dicir, a toponimia. Para nos achegar a un mundo tan fascinante empregamos o estupendo libro Por que se chama así este sitio? , de Luz Méndez. Dividimos os capítulos entre o alumnado, que tiña que elaborar un esquema sobre a clasificación dos topónimos e despois explicalo na aula diante de todo o grupo.  Foi un achegamento moi interesante que serviu de complemento perfecto para a exposición Toponimia galega castelanizada e deturpada , que o noso EDLG Trazos conseguiu traer ao centro dende o 5 de decembro ata comezos de xaneiro. Este proxecto xorde da iniciativa da profesora Luísa Diéguez González, de Lingua Galega do instituto Rafael Puga Ramón, da Coruña. Aquí podemos ver algúns dos traballos resultantes: - Introdución xeral , elaborado por Ángel: -Topónimos con orixe en construcións feitas polo ser humano . Pica na imaxe para acceder ao esquema interactivo ...
  Dende o luns 20 de novembro ata o 5 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Viaño Pequeno (Trazo, A Coruña) presenta a exposición ' Toponimia galega castelanizada e deturpada '. Como sabemos, a Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade no parlamento galego (1983) recolle no artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. Estas denominacións son as legais a todos os efectos e a rotulaxe terá que concordar con elas. Por desgraza, corenta e un anos despois da aprobación desta lei, moita toponimia do noso país segue rotulada en castelán. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES PUGA RAMÓN (A Coruña), comandado pola profesora Luísa Diéguez, organizou a recollida de toponimia castelanizada de calquera punto xeográfico de Galicia. Con este traballo preténdese denunciar o incumprimento desta lei por parte da Administración. A exposición figurou en múltiples lugares, dende centros educativos ata concellos e ...