Saltar ao contido principal

Somos noticia!

Como sabedes, está en marcha, prorrogada deica primeiros de xaneiro de 2025, a exposición Toponimia galega castelanizada e deturpada.

A profesora Luísa Diéguez, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES PUGA RAMÓN (A Coruña), organizou a recollida de toponimia castelanizada de calquera punto xeográfico de Galicia. Con este traballo preténdese denunciar o incumprimento desta lei por parte da Administración. 


O xornal comarcal Primeira Noticia publicou a toda páxina unha información sobre o evento, acompañado por catro imaxes cos nosos corredores acollendo a exposición. Na propia portada dese número de decembro aparecía como un dos titulares destacados.






Precisamente no corpo da noticia alúdese á relación entre esa actividade e este Proxecto Terra, contribuíndo así a difundilo entre a poboación xeral.

Con máis de 3 anos de traxectoria, Primeira Noticia é un xornal con edición mensual e cunha tirada de 5.000 exemplares. Como emblema da comarca máis galegofalante de Galicia, este medio de comunicación publícase integramente en galego. I

Como indican na súa web, achegan información independente para contar o que lle importa á veciñanza dos municipios de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Velaí tedes a páxina:








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Fin de Curso en Ribeira

  O día 20 de xuño a modo de despedida deste curso fixemos una saída a Ribeira. O autobús levounos ata a Curotiña dende onde fixemos unha pequeña andaida cara o río San Xoan, na parte alta das famosas pozas do río Pedras. Despois de contemplar as vistas dende o miradoiro, diríximonos ao centro de interpretación na Praia do Vilar. Xantamos no merendeiro xusto a carón do centro e despois paseamos un pouco pola Praia. Dedicamos a tarde a actividade deportiva alternando entre piragüismo e paddle na Praia do Coroso en Ribeira.                                                                                                                              

Viaxe a Cádiz

O alumnado de cuarto decidíu visitar Cádiz e os seus arredores como viaxe de fin de curso o que resultou ser unha experiencia realmente inesquecible. Este e un resumo do programa que Seguiron, e alguhas fotos. Día 1 Viaxe de ida Visita a Sevilla Entrada no hotel: Zahora-Caños de Meca(Barbate   Día 2 Tramo Ruta Eurovelo 8 Chiclana – San Fernando: Parque Natural Bahía de Cádiz Visita salina artesanal Santa María de Jesús Visita San Fernando Karting en Conil Visita Vejer de la Frontera   Día 3 Arborismo en Entre Ramas Praia de Camposoto e sendeiro de Punta Boquerón   Día 4 Excursión a Tánxer desde Tarifa con visitas guiadas.   Día 5 Día en Zahora, visita do Palmar de Vejer e/ou Cabo Trafalgar   Día 6 Visita guiada a Cádiz Visita a Torre Tavira Tempo libre na cideade con opción de Praia da Caleta. Visita a Cova do Paxaro Azul   Día 7 Viaxe de Volta  

Fálame da Emigración

  Nas materias de xeografía e historia dos cursos de 3º e 2º da ESO, realizouse unha actividade dependente da Fundación ABANCA, chamada “ Fálame da Emigración ”. Neste marco, o alumnado recibiu a visita de colaboradores da Fundación que tiveron vivencias sobre a emigración. A actividade realizouse en dúas fases: •      Nunha primeira visita os emigrantes retornados expoñían as súas experiencias aos alumnos e alumnas, aportando material gráfico, e favorecendo a participación do alumnado. •      Na segunda visita foi o alumnado o que expuxo historias familiares relacionadas coa emigración, para seguidamente establecer un debate, e unha actividade guiada co fin de valorar as causas e as consecuencias das migracións.