Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta música

II Fiote da Lingua. Mes das Letras

    Este mes de maio veu cargado de actividades incribles nas que participou todo o alumnado, dende Educación Infantil ata a ESO. Queremos facer un repaso por todo o que vivimos nestas semanas tan intensas e especiais. Deixámosvos un resumo do máis destacado! Un dos pratos fortes do mes foi a celebración do II Fiote da Lingua, que este ano estivo dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Para prepararnos, fixemos un gran traballo previo coas súas fotografías e textos, que despois se transformou nu n cartel artístico conmemorativo, u n móbil co seu arquivo fotográfico e u nha exposición bibliográfica na biblioteca con libros da autora e sobre ela. O día grande do Fiote foi unha auténtica festa cultural na que se implicaron Infantil, Primaria e ESO. Tivemos de todo e en directo! Houbo radio en vivo e directo; m úsica en galego actual e baile tradicional;  recitado de poemas, performances e regueifas ademais de a rte urbana en vivo coa creación dun grafitti. Non o pu...

Festa da lingua. 15 de maio

 Con motivo da celebración do 17 de maio, Día das Letras, o EDLG Trazos organizou varias actividades. A primeira foi unha exposición de material relacionado coas cantareiras e en concreto co concello ou comarca: o Cancioneiro Popular Galego e as súas entradas máis próximas (lugares de Ordes e de Tordoia); os libros relacionados co concello e as súas mencións ás panxolas e ás coplas populares; material discográfico con temas recollidos na zona. O 15 de maio organizamos unha Festa da Lingua, coa actuación como fío condutor de tres actrices no papel da musicóloga Dorothé Schubarth, unha alumna e unha anciá informante. Foron pasando as distintas actuacións en todas as etapas: baile do Xogo da Carrasquiña, baile do Señor da serra, baile e cantareiras coa Xota e muiñeira de Monzo, actuación do grupo de regueifa, un conto tradicional, actuación de cantareiras maiores de Trazo e a interpretación conxunta do tema 'A Sementeira'.  

Proxecto Son do pallote

No marco da celebración do 17 de maio, Día das Letras, encadramos o proxecto Son do pallote .  O CPI Viaño Pequeno quere contribuír a esta tarefa de posta en valor e difusión. Así, o departamento de Música e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega 'Trazos' decidimos poñer en marcha este proxecto Son do pallote, recompilando máis de trescentas coplas populares, recollidas en 2002 polo alumnado de Música de 4º de ESO. Das dez cintas conservadas, nove son voces femininas. Aquí aparece unha selección dos audios de cada cantareira. Estes audios  e os traballos escritos foron entregados ao Museo do Pobo Galego, onde serán accesibles a toda a cidadanía a través do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI).  Está relacionado dos ámbitos de Identidade territorial e Patrimonio cultural. Pódelo consultar neste enlace .

30 de xaneiro: Día da Paz

 O alumnado de ESO, logo de contextualizar a actividade e a conmemoración do día, traballou co origami. Elaboraron paxariñas de papel de cores variadas, que logo se penduraron do teito do vestíbulo. Correu a cargo do departamento de Plástica. Ademais, en Música todos os cursos prepararon unha variación da Fuga Xeográfica de Ernst Toch, coñecidísimo tema en forma de rondó rítmico, con topónimos de lugares en conflito do planeta. Leuse un manifesto pola paz e o respecto aos Dereitos Humanos e seguidamente interpretouse o tema musical a dúas voces, con acompañamento de percusión. Esta actividade relaciónase cos ámbitos de arquitectura e urbanismo e coa paisaxe.

Enchoupándonos de cultura en Compostela

  O venres 26 de abril acudimos a Santiago para nos enchoupar de cultura, que non todo vai ser chuvia e clases. En primeiro lugar fomos ao Auditorio de Galicia para o espectáculo Pleasure Island , que o Departamento de Música do centro organizara. A proposta cruza o corpo e a música para afondar nos dous imaxinarios e na experiencia co que supostamente é “estraño”: que nos contan a estas percepcións, eses prexuízos, esas olladas aparentemente inusuais? As coreógrafas e intérpretes  Ariadna Montfort e Estela Merlos, coa dirección artística de  Cristina Cubells, presentáronnos esta actividade de danza e música contemporánea. A Real Filharmonía de Galicia poñía a banda sonora, interpretando as Danzas Concertantes de Igor Stravinski e a peza Internités de Januibe Tejera. Foi unha proposta arriscada moi ben acollida por un patio de butacas case cheo (esta Sala Mozart ten 974 butacas!) e onde puidemos ademais gozar da boa acústica e deseño da sala principal do edificio. De ...