Saltar ao contido principal

II Fiote da Lingua. Mes das Letras

 

 Este mes de maio veu cargado de actividades incribles nas que participou todo o alumnado, dende Educación Infantil ata a ESO. Queremos facer un repaso por todo o que vivimos nestas semanas tan intensas e especiais.

Deixámosvos un resumo do máis destacado!

Un dos pratos fortes do mes foi a celebración do II Fiote da Lingua, que este ano estivo dedicado á escritora e xornalista Begoña Caamaño. Para prepararnos, fixemos un gran traballo previo coas súas fotografías e textos, que despois se transformou nun cartel artístico conmemorativo, un móbil co seu arquivo fotográfico e unha exposición bibliográfica na biblioteca con libros da autora e sobre ela.

O día grande do Fiote foi unha auténtica festa cultural na que se implicaron Infantil, Primaria e ESO. Tivemos de todo e en directo!

Houbo radio en vivo e directo; música en galego actual e baile tradicional; recitado de poemas, performances e regueifas ademais de arte urbana en vivo coa creación dun grafitti.

Non o puideches escoitar? Xa tes dispoñible o novo episodio do noso pódcast 'A Cafetería', titulado ‘Begoña Caamaño. II Fiote da Lingua’. Pódeslle botar un ollo (ou mellor dito, unha orella) en iVoox, Apple Podcasts e Spotify. Non perdas o talento radiofónico do noso alumnado!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...