Saltar ao contido principal

Introducíndonos na toponimia

En Oratoria de 3ºESO estivemos traballando arredor dos nomes das nosas parroquias, aldeas e outras entidades de poboación, é dicir, a toponimia.

Para nos achegar a un mundo tan fascinante empregamos o estupendo libro Por que se chama así este sitio?, de Luz Méndez.




Dividimos os capítulos entre o alumnado, que tiña que elaborar un esquema sobre a clasificación dos topónimos e despois explicalo na aula diante de todo o grupo. 

Foi un achegamento moi interesante que serviu de complemento perfecto para a exposición Toponimia galega castelanizada e deturpada, que o noso EDLG Trazos conseguiu traer ao centro dende o 5 de decembro ata comezos de xaneiro. Este proxecto xorde da iniciativa da profesora Luísa Diéguez González, de Lingua Galega do instituto Rafael Puga Ramón, da Coruña.


Aquí podemos ver algúns dos traballos resultantes:

-Introdución xeral, elaborado por Ángel:

-Topónimos con orixe en construcións feitas polo ser humano. Pica na imaxe para acceder ao esquema interactivo realizado por Diego:



-Hidrotopónimos, infografía de Carla:


-Fitotopónimos, traballo de Laura:


-Fitotopónimos, elaborado por Lidia:







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...