Saltar ao contido principal

 Dende o luns 20 de novembro ata o 5 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Viaño Pequeno (Trazo, A Coruña) presenta a exposición 'Toponimia galega castelanizada e deturpada'.




Como sabemos, a Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade no parlamento galego (1983) recolle no artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. Estas denominacións son as legais a todos os efectos e a rotulaxe terá que concordar con elas. Por desgraza, corenta e un anos despois da aprobación desta lei, moita toponimia do noso país segue rotulada en castelán. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES PUGA RAMÓN (A Coruña), comandado pola profesora Luísa Diéguez, organizou a recollida de toponimia castelanizada de calquera punto xeográfico de Galicia. Con este traballo preténdese denunciar o incumprimento desta lei por parte da Administración. A exposición figurou en múltiples lugares, dende centros educativos ata concellos e asociacións culturais. Logo do CPI Viaño Pequeno, será exposta pola Universidade de Vigo.
Consta de máis de cen documentos con información sobre a toponimia, a lexislación que a ampara, fotografías que evidencian o seu uso errróneo e un apartado de humor gráfico.

Así mesmo, a presenza desta exposición no centro inclúese no Proxecto Terra, co que colaboramos ao longo do curso.Trátase dun proxecto do Colexio de Arquitectos de Galicia dirixido ás distintas etapas educativas co fin de contribuír a mellorar a formación que a poboación escolar galega debe ter sobre as xentes, os espazos e os lugares que habitamos e inclúese nos Plans Proxecta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.


Esta actividade forma parte do proxecto didáctico e cultural que organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Viaño Pequeno. No Samaín ou Defuntos o centro organizou, cun notable éxito, un concurso de deseño de cabazas arrepiantes para ESO e en Educación Infantil e Primaria o alumnado emocionouse participando no concurso de Casas do terror. Ao longo do curso presente, este EDLG colabora na organización e desenvolvemento do festival de Nadal, o Entroido ou as Letras Galegas.  Ademais, participa na commemoración do Día contra a violencia á muller, do Día da muller e especialmente o Día de Rosalía, no cal todo o centro canta a Alborada de Rosalía e degusta o Caldo de Gloria. 

Acompañamos unha serie de fotografías da exposición no vestíbulo e corredores do edificio de ESO do CPI Viaño Pequeno.








Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...