Dende hai anos o colexio é voluntario no Proxecto Ríos, así que o alumnado normalmente de primeiro comproba dúas veces por curso, o estado de saúde dun treito do río Chonia que, como veredes ten moito valor natural, paisaxístico e patrimonial.
Dende o colexio subimos a un autobús cos profes Pablo, Lidia e Ignacio para achegarnos ata o río. Acompañábamos tamén Gabriel, o noso auxilir de conversa que ven de Chicago. Cando baixamos do autobús, na aldea de Oa, dirixímonos ata alí. Polo camiño atopamos 2 batáns, algúns muiños e unha torre para fabricar enerxía eléctrica (Hai anos chamabanselle fábricas da luz). É un conxunto etnográfico de gran valor, pero, por desgracia, está cada vez en peor estado.
Cando chegamos ao río fixemos unhas cantas probas e comprobacions en grupos de 4 persoas.
Despois de realizar as probas xantamos e, antes de voltar ao colexio, xogamos un pouco atravesando o río por riba de pedras que teñen milleiros de anos.
Despois de xantar emprendimos o camiño de volta..
Comentarios
Publicar un comentario