Saltar ao contido principal

Inspección do río Chonia como voluntarios do Proxecto Ríos

 Dende hai anos o colexio é voluntario no Proxecto Ríos e comproba dúas veces por curso, o estado de saúde dun treito do río Chonia que, como veredes ten moito valor natural, paisaxístico e patrimonial.

Dende o colexio subimos a un autobús cos profes Pablo, Lidia e Ignacio para achegarnos ata o río. Cando baixamos do autobús, na aldea de Oa, dirixímonos ata alí. Polo camiño atopamos 2 batáns, algúns muiños e unha torre para fabricar enerxía eléctrica (Hai anos chamabanselle fábricas de luz)Cando chegamos ao río fixemos unhas cantas probas e comprobacions en grupos de 4 persoas.

Despois de realizar as probas xantamos e, antes de voltar ao colexio, xogamos un pouco atravesando o río por riba de pedras que teñen milleiros de anos.

Despois de xantar emprendimos o camiño de volta ata o bus.





Comentarios

Publicacións populares deste blog

Fin de Curso en Ribeira

  O día 20 de xuño a modo de despedida deste curso fixemos una saída a Ribeira. O autobús levounos ata a Curotiña dende onde fixemos unha pequeña andaida cara o río San Xoan, na parte alta das famosas pozas do río Pedras. Despois de contemplar as vistas dende o miradoiro, diríximonos ao centro de interpretación na Praia do Vilar. Xantamos no merendeiro xusto a carón do centro e despois paseamos un pouco pola Praia. Dedicamos a tarde a actividade deportiva alternando entre piragüismo e paddle na Praia do Coroso en Ribeira.                                                                                                                              

Fálame da Emigración

  Nas materias de xeografía e historia dos cursos de 3º e 2º da ESO, realizouse unha actividade dependente da Fundación ABANCA, chamada “ Fálame da Emigración ”. Neste marco, o alumnado recibiu a visita de colaboradores da Fundación que tiveron vivencias sobre a emigración. A actividade realizouse en dúas fases: •      Nunha primeira visita os emigrantes retornados expoñían as súas experiencias aos alumnos e alumnas, aportando material gráfico, e favorecendo a participación do alumnado. •      Na segunda visita foi o alumnado o que expuxo historias familiares relacionadas coa emigración, para seguidamente establecer un debate, e unha actividade guiada co fin de valorar as causas e as consecuencias das migracións.

Murais no patio

 Nos últimos anos o patio do Colexio foi enriquecéndose con murais por iniciativa do profesorado de plástica, a participación do alumnado e Ampa e de  colectivos do veciño Ordes, vila pioneira en arte urbana. A reproducción dunha obra de Maruja Mallo: La sorpresa del trigo, foi o primeiro, un gran mural ao longo de toda unha fachada do edificio de primaria chegou pouco despois, e este curso oas obras que pola loita pola igualdade presentou o alumnado a concurso. Este curso realizouse un gran mural sobre a parede do edificio de primaria saúdando ao edificio da casa do concello e ao polideportivo.