Saltar ao contido principal

Xornada de xogos populares

 

Este venres tivo lugar a xornada dos xogos  populares, onde como xa é habitual participou toda a escola: infantil, primaria e secundaria. O alumnado de 4º na materia de FOPP foi o encargado da organización, en plástica realizaron cartelería e sinalización e todos e todas atenderon os diferentes postos para axudar aos participantes

Na planificación previa ao evento, organizamos o traballo utilizando o  drive como ferramenta onde compartir e ordenar todo o que iamos facendo. Tamén realizamos carteis co nome de cada xogo para logo situalos no lugar onde se ían desenvolver, e planos coa súa situación.

Houbo unha grande variedade de xogos. Algúns deles eran aptos para os maiores, e outros para mais pequenos. Os profesores tamén axudaron onde foi necesario.

                                            
















Comentarios

Publicacións populares deste blog

Fin de Curso en Ribeira

  O día 20 de xuño a modo de despedida deste curso fixemos una saída a Ribeira. O autobús levounos ata a Curotiña dende onde fixemos unha pequeña andaida cara o río San Xoan, na parte alta das famosas pozas do río Pedras. Despois de contemplar as vistas dende o miradoiro, diríximonos ao centro de interpretación na Praia do Vilar. Xantamos no merendeiro xusto a carón do centro e despois paseamos un pouco pola Praia. Dedicamos a tarde a actividade deportiva alternando entre piragüismo e paddle na Praia do Coroso en Ribeira.                                                                                                                              

Fálame da Emigración

  Nas materias de xeografía e historia dos cursos de 3º e 2º da ESO, realizouse unha actividade dependente da Fundación ABANCA, chamada “ Fálame da Emigración ”. Neste marco, o alumnado recibiu a visita de colaboradores da Fundación que tiveron vivencias sobre a emigración. A actividade realizouse en dúas fases: •      Nunha primeira visita os emigrantes retornados expoñían as súas experiencias aos alumnos e alumnas, aportando material gráfico, e favorecendo a participación do alumnado. •      Na segunda visita foi o alumnado o que expuxo historias familiares relacionadas coa emigración, para seguidamente establecer un debate, e unha actividade guiada co fin de valorar as causas e as consecuencias das migracións.

Murais no patio

 Nos últimos anos o patio do Colexio foi enriquecéndose con murais por iniciativa do profesorado de plástica, a participación do alumnado e Ampa e de  colectivos do veciño Ordes, vila pioneira en arte urbana. A reproducción dunha obra de Maruja Mallo: La sorpresa del trigo, foi o primeiro, un gran mural ao longo de toda unha fachada do edificio de primaria chegou pouco despois, e este curso oas obras que pola loita pola igualdade presentou o alumnado a concurso. Este curso realizouse un gran mural sobre a parede do edificio de primaria saúdando ao edificio da casa do concello e ao polideportivo.