Saltar ao contido principal

Visita á Costa da Morte con Proxecto Terra

 

2, 3 e 4. Saída á Costa da Morte. Cemiterio dos ingleses (Camariñas), castro de Borneiro (Cabana) e Museo forno do Forte (Malpica). 15 e 16 de maio



Os días 15 e 16 de maio andivemos pola Costa da Morte grazas as actividades que ofrece o Proxecto Terra.

Ao noso centro adxudicouselle a saída a Costa da Morte ao longo de dous días.

O primeiro día achégamonos en bus a Santa Mariña dende onde fixemos unha andaia ata Cabo Vilán, con parada no cemiterio dos ingleses para xantar. en Vabo Vilán collemos bus para  achegarnos ao Dolmen de Dombate onde visitamos o centro e o castro cercano: Borneiro.

Aloxámonos no albergue "Alalá Terra e Sons" en Cabana de Bergantiños, onde nos sentimos como en casa despois deste día intenso.

O día 16 despois de recoller as nosas cousas Saímo para Buño onde visitamos o Forno do Forte. Despois de voltar ao albuergue para xantar saímos cara a Canduas para iniciar un percorrido a pé ata o monte de San Sebastián onde nos recolleu o bus para emprender o camiño de Volta.

Dous días intensos cheos de cousas interesantes.
























Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Siluetas de aves para evitar colisións de paxaros

Desde o Departamento de Expresión Artes Plásticas realízanse unha serie de adhesivos de siluetas de distintas aves para contribuír á mellora do patio escolar, en concreto, co obxectivo de evitar a colisión de paxaros na zona de lecer anexa ao Edificio de Secundaria.

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...