Saltar ao contido principal

CONSTRUCIÓN DE CABANAS NO BOSQUE

 A longo do mes de maio, nas sesións de EF, o alumnado de 1º de ESO estivo realizando unha actividade que consistiu na construción de cabanas utilizando elementos da natureza. Para esta actividade recibiron unha formación previa na materia de tecnoloxía sobre construcións e materias, relacionandos con estilos de vida sustentables. A construción realizouse nun bosque que está xusto enfrente da escola e que algún día foi unha fermosa carballeira, pero agora atópase abandonada, moitas árbores apodrecidas e pódense atopar moitos troncos e polas  tirados, moi útiles para esta actividade. O profesor de bioloxía aproveitou tamén estas visitas para contarlles agunhas particularidades desas árbores e todo o ecosistema en xeral.

Deixamos aquí algunhas fotos da actividade.

,







Comentarios

Publicacións populares deste blog

Fin de Curso en Ribeira

  O día 20 de xuño a modo de despedida deste curso fixemos una saída a Ribeira. O autobús levounos ata a Curotiña dende onde fixemos unha pequeña andaida cara o río San Xoan, na parte alta das famosas pozas do río Pedras. Despois de contemplar as vistas dende o miradoiro, diríximonos ao centro de interpretación na Praia do Vilar. Xantamos no merendeiro xusto a carón do centro e despois paseamos un pouco pola Praia. Dedicamos a tarde a actividade deportiva alternando entre piragüismo e paddle na Praia do Coroso en Ribeira.                                                                                                                              

Paisaxes sonoras

  Kit singular “Harmonías en movemento” do espazo de Polos Creativos. Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE : Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.4. Técnicas de debuxo e pintura: técnicas secas e húmidas. RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS  • Caderno de debuxo persoal do alumno (bosquexos de traballo e probas  previas)  • Papel liso negro (formato circular)  • Cartulina preta (formato lineal para reproducir na caixa de música) • Kit singular “Harmonías en movemento”  • Cámara fo...

Viaxe a Cádiz

O alumnado de cuarto decidíu visitar Cádiz e os seus arredores como viaxe de fin de curso o que resultou ser unha experiencia realmente inesquecible. Este e un resumo do programa que Seguiron, e alguhas fotos. Día 1 Viaxe de ida Visita a Sevilla Entrada no hotel: Zahora-Caños de Meca(Barbate   Día 2 Tramo Ruta Eurovelo 8 Chiclana – San Fernando: Parque Natural Bahía de Cádiz Visita salina artesanal Santa María de Jesús Visita San Fernando Karting en Conil Visita Vejer de la Frontera   Día 3 Arborismo en Entre Ramas Praia de Camposoto e sendeiro de Punta Boquerón   Día 4 Excursión a Tánxer desde Tarifa con visitas guiadas.   Día 5 Día en Zahora, visita do Palmar de Vejer e/ou Cabo Trafalgar   Día 6 Visita guiada a Cádiz Visita a Torre Tavira Tempo libre na cideade con opción de Praia da Caleta. Visita a Cova do Paxaro Azul   Día 7 Viaxe de Volta