As cúpulas de Leonardo

O venres 3 de febreiro fixemos unha actividade que nos axudará a saber un pouco mais sobre Leonardo da Vinci.

Recibimos a visita de Joan Alborch, un barcelonés que se autodefine como un friki  de Leonardo. Na primeira parte recibiunos xunto ao alumnado de segundo e de terceiro curso e explicounos moito sobre a vida de Leonardo, os seus intereses, a importancia dos seus descubrimentos…

Despois  aprendimos dun xeito mais práctico algo sobre as estruturas coñecidas como “recíprocas” caracterízadas polo soporte mutuo de múltiples pezas. Ou sexa que todas son portantes e soportadas ao mesmo tempo.






Comentarios

Publicacións populares