O equipo de Normalización lingüística do centro traballou sobre a toponimia do concello. Investigou sobre a orixe dos nomes e colaborou na recollida de microtoponimia próxima aos lugares de procedencia do alumnado, clasificándoa e elaborando mapas concretos.
O día 20 de xuño a modo de despedida deste curso fixemos una saída a Ribeira. O autobús levounos ata a Curotiña dende onde fixemos unha pequeña andaida cara o río San Xoan, na parte alta das famosas pozas do río Pedras. Despois de contemplar as vistas dende o miradoiro, diríximonos ao centro de interpretación na Praia do Vilar. Xantamos no merendeiro xusto a carón do centro e despois paseamos un pouco pola Praia. Dedicamos a tarde a actividade deportiva alternando entre piragüismo e paddle na Praia do Coroso en Ribeira.









Comentarios
Publicar un comentario