Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: xullo, 2023

Patrimonio e sendeirismo por Trazo e Tordoia: Castro da Croela e Vilouchada, Dolmen de Cabaleiros e Pedra Longa.

O luns 19 de xuño, o alumnado de primeiro e segundo de ESO acompañados polos profesores/as de Xeografía e Historia,  Educación Física e Tecnoloxía saímos da escola co obxectivo de coñecer algo do patrimonio do noso concello e o veciño Tordoia. Preguntando aos nosos veciños e familiares descubrimos que as terras que pisamos agáchan lendas e historias dos nosos antergos. Decidimos visitar algo do mais destacado do traballo desenvolvido. Saímos en autobús do colexio camiño do Castro da Croela e o de Vilouchada, ambos sen excavar pero onde segúndo as explicacións da nosa profesora, e grazas a forma do relevo é doado imaxinar o recinto pechado coas súas entradas, o foso... Despois dirixímonos a visitar o xa moito mais coñecido Dolmen de Cabaleiros, ao que nós chamamos "A Casa Moura". Aquí fixemos unha visita guiada por unha especialista do concello de Tordoia que nos contou moitas cousas interesantes. Dende aquí comezamos unha ruta duns oito quilómetros a pé que nos levou ata o lu...

A TOPONIMIA DE TRAZO

O equipo de Normalización lingüística do centro traballou sobre a toponimia do concello. Investigou sobre a orixe dos nomes e colaborou na recollida de microtoponimia próxima aos lugares de procedencia do alumnado, clasificándoa e elaborando mapas concretos. Quedounos pendente por falta de tempo xeorreferenciar e difundir os datos coa app Galicia Nomeada .  

CONSTRUCIÓN DE CABANAS NO BOSQUE

 A longo do mes de maio, nas sesións de EF, o alumnado de 1º de ESO estivo realizando unha actividade que consistiu na construción de cabanas utilizando elementos da natureza. Para esta actividade recibiron unha formación previa na materia de tecnoloxía sobre construcións e materias, relacionandos con estilos de vida sustentables. A construción realizouse nun bosque que está xusto enfrente da escola e que algún día foi unha fermosa carballeira, pero agora atópase abandonada, moitas árbores apodrecidas e pódense atopar moitos troncos e polas  tirados, moi útiles para esta actividade. O profesor de bioloxía aproveitou tamén estas visitas para contarlles agunhas particularidades desas árbores e todo o ecosistema en xeral. Deixamos aquí algunhas fotos da actividade. ,