Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: maio, 2024

A Nosa Emigración

  En relación coa actividade "Fálame da emigración", que o departamento de Xeografía e Historia organizou no centro e no que tamén participou profesorado do centro xa retirado,   alumnos e alumnas dos dous cursos, investigaron e redactaron historias familiares sobre a migración, e solicitóuselles fotografías para facer unha exposición nos corredores do centro educativo, que mostrase aspectos da vida dos emigrantes fóra do seu país, e no caso dos inmigrantes, imaxes no país de orixe. Os obxectivos eran ofrecer un apoio á actividade organizada pola Fundación Abanca, e que o alumnado do centro sentira as migracións como algo máis próximo, e desta maneira conservar esta memoria familiar e comunitaria, e poder comprender ás persoas que na actualidade veñen ao noso país. Esta exposición levou o título de “ A Nosa Emigración ”, e permaneceu exposta en dous paneis durante todo o terceiro trimestre.

Fálame da Emigración

  Nas materias de xeografía e historia dos cursos de 3º e 2º da ESO, realizouse unha actividade dependente da Fundación ABANCA, chamada “ Fálame da Emigración ”. Neste marco, o alumnado recibiu a visita de colaboradores da Fundación que tiveron vivencias sobre a emigración. A actividade realizouse en dúas fases: •      Nunha primeira visita os emigrantes retornados expoñían as súas experiencias aos alumnos e alumnas, aportando material gráfico, e favorecendo a participación do alumnado. •      Na segunda visita foi o alumnado o que expuxo historias familiares relacionadas coa emigración, para seguidamente establecer un debate, e unha actividade guiada co fin de valorar as causas e as consecuencias das migracións.

Visita á Costa da Morte con Proxecto Terra

  2, 3 e 4. Saída á Costa da Morte. Cemiterio dos ingleses (Camariñas), castro de Borneiro (Cabana) e Museo forno do Forte (Malpica). 15 e 16 de maio Os días 15 e 16 de maio andivemos pola Costa da Morte grazas as actividades que ofrece o Proxecto Terra. Ao noso centro adxudicouselle a saída a Costa da Morte ao longo de dous días. O primeiro día achégamonos en bus a Santa Mariña dende onde fixemos unha andaia ata Cabo Vilán, con parada no cemiterio dos ingleses para xantar. en Vabo Vilán collemos bus para  achegarnos ao Dolmen de Dombate onde visitamos o centro e o castro cercano: Borneiro. Aloxámonos no albergue "Alalá Terra e Sons" en Cabana de Bergantiños, onde nos sentimos como en casa despois deste día intenso. O día 16 despois de recoller as nosas cousas Saímo para Buño onde visitamos o Forno do Forte. Despois de voltar ao albuergue para xantar saímos cara a Canduas para iniciar un percorrido a pé ata o monte de San Sebastián onde nos recolleu o bus para emprender o cam

Xornada de xogos populares

  Este venres tivo lugar a xornada dos xogos  populares, onde como xa é habitual participou toda a escola: infantil, primaria e secundaria. O alumnado de 4º na materia de FOPP foi o encargado da organización, en plástica realizaron cartelería e sinalización e todos e todas atenderon os diferentes postos para axudar aos participantes Na planificación previa ao evento, organizamos o traballo utilizando o  drive como ferramenta onde compartir e ordenar todo o que iamos facendo. Tamén realizamos carteis co nome de cada xogo para logo situalos no lugar onde se ían desenvolver, e planos coa súa situación. Houbo unha grande variedade de xogos. Algúns deles eran aptos para os maiores, e outros para mais pequenos. Os profesores tamén axudaron onde foi necesario.