Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

8 marzo, Día da Muller. A miña aldea. Mural e pódcast

 En colaboración co Servizo de Igualdade do concello de Trazo realizouse este curso un novo mural no patio da escola titulado “A miña aldea”. A elaboración correu a cargo de alumnado de distintos grupos do centro, tanto de Ed. Primaria coma da ESO. Previamente o colectivo As Paxaras , formado por Eva Agra e Marina AMR (Festa), desenvolveron varios obradoiros de empoderamento feminino e sensibilización en igualdade.  A obra literaria de Rosalía Morlán, fundamentalmente a poética, foi a base destes obradoiros. Como produto final ideáronse tres marcapáxinas con cadanseu deseño orixinal e poema da autora amais un mural que loce no edificio II de Ed. Primaria.   Esta autora é natural de Vilariño (Trazo) e o concello outorgoulle o título de filla predilecta neste 8 de marzo de 2025. Tamén a ilustradora Eva Agra ten orixe familiar no concello.  Este proxecto ten a ver cos ámbitos de identidade territorial, desenvolvemento sustentable, patrimonio cultural e paisaxe...

Desordes Creativas

 Ordes é a capital da nosa comarca e vai sendo recoñedida pola cantidade e calidade dos murais dan riqueza a súa paisaxe urbana. Agora que tamén temos algúnss no noso centro, os alumnos e alumnas de terceiro de curarto volveron dara un paseo por alí. Isto que vedes abaixo e só unha mostra, mellor que cando podades, dedes vós mesmos unha volta.