Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2023
  Dende o luns 20 de novembro ata o 5 de decembro o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPI Viaño Pequeno (Trazo, A Coruña) presenta a exposición ' Toponimia galega castelanizada e deturpada '. Como sabemos, a Lei de Normalización Lingüística, aprobada por unanimidade no parlamento galego (1983) recolle no artigo 10 que os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega. Estas denominacións son as legais a todos os efectos e a rotulaxe terá que concordar con elas. Por desgraza, corenta e un anos despois da aprobación desta lei, moita toponimia do noso país segue rotulada en castelán. O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES PUGA RAMÓN (A Coruña), comandado pola profesora Luísa Diéguez, organizou a recollida de toponimia castelanizada de calquera punto xeográfico de Galicia. Con este traballo preténdese denunciar o incumprimento desta lei por parte da Administración. A exposición figurou en múltiples lugares, dende centros educativos ata concellos e a