A INSPECCIÓN DO RÍO CHONIA Venres, 9 de decembro de 2022, foi espectacular. Ese venres o alumnado de 1º da ESO, do CPI Viaño Pequeno visitaron o río Chonia. Foron ver os batáns e facer unha inspección a este río. Para revisalo fixeron unha serie de actividades: -Mirar a contaminación tomando unha mostra da auga. -Comprobar a temperatura da auga e unha morea de probas máis. Mentres paseaban, os rapaces/as ían sacando fotos a gran diversidade de seres vivos que se encontraban polo camiño. Despois das actividades os profesores e o alumnado comeron ao lado do río. Para finalizar a excursión voltamos camiñando ao carón do río cara o autobús para voltar aos seus fogares. AQUI TEDES FOTOS DA INSPECCIÓN: