Saltar ao contido principal

Publicacións

Viaxe a Cádiz

O alumnado de cuarto decidíu visitar Cádiz e os seus arredores como viaxe de fin de curso o que resultou ser unha experiencia realmente inesquecible. Este e un resumo do programa que Seguiron, e alguhas fotos. Día 1 Viaxe de ida Visita a Sevilla Entrada no hotel: Zahora-Caños de Meca(Barbate   Día 2 Tramo Ruta Eurovelo 8 Chiclana – San Fernando: Parque Natural Bahía de Cádiz Visita salina artesanal Santa María de Jesús Visita San Fernando Karting en Conil Visita Vejer de la Frontera   Día 3 Arborismo en Entre Ramas Praia de Camposoto e sendeiro de Punta Boquerón   Día 4 Excursión a Tánxer desde Tarifa con visitas guiadas.   Día 5 Día en Zahora, visita do Palmar de Vejer e/ou Cabo Trafalgar   Día 6 Visita guiada a Cádiz Visita a Torre Tavira Tempo libre na cideade con opción de Praia da Caleta. Visita a Cova do Paxaro Azul   Día 7 Viaxe de Volta  
Publicacións recentes

Teatro de títeres

A materia de Proxecto Competencial (todos os cursos da ESO) coordinou este proxecto de continuidade dende o curso pasado.  O alumnado participou na preparación de tres obras de teatro de títeres:  O castiñeiro do Apalpador (Inácio Vilariño Sanmartín, ed. Baía, 2017)  O home e o can (baseado no filme de Ángel de la Cruz, 2022) A bruxa regañadentes (Tina Meroto & Maurizio A. C. Quarello, ed.OQO, 2017) A actividade afectou a múltiples áreas e todas as etapas creativas. Comezamos co traballo dos guións sobre os que traballar, creación e situación do escenario, a creación dos propios personaxes, o traballo sobre as obras e os seus guións, cuestións técnicas relacionadas con iluminación e son, creación de decorados, ensaios e interpretación...  n Os ensaios e as representacións realizáronse no espazo da Cafetería do edificio de ESO. Implicáronse os departamentos de Tecnoloxía, Ed. Física, Plástica, Música, Lingua Galega, Pedagoxía Terapéutica e o EDLG. Relácionase c...

Paisaxes táctiles

  Materia: Expresión Artística (4º ESO)  Profesora: Débora Fresno Rodríguez  Alumnado de 4º ESO da materia Expresión Artística  Elaborar de forma creativa producións gráfico-plásticas que permitan poñer en valor unha aproximación á realidade mediante os cinco sentidos, empregando o debuxo como medio de percepción, análise e expresión.   CONTIDOS TRABALLADOS  C1.1. Os efectos do xesto e do instrumento: ferramentas, medios e soportes.  Cualidades plásticas e efectos visuais.  C1.7. Técnicas básicas de creación de volume.  C1.9. O arte da reciclaxe. Consumo responsable. Produtos ecolóxicos, sostibles e innovadores na práctica artística. Arte e natureza.  RECURSOS: MATERIAIS, FERRAMENTAS E MÁQUINAS • Cartón dobre capa • Ferramentas de corte e perforación  • Pinturas acrílicas. TEMPO DE REALIZACIÓN  Catro sesións:  1. Identificación da paisaxe base de traballo e recollida de materiais  reciclados para a creación do v...

Viaxe ao Xurés

  As alumnas e alumnos de 3º de ESO volvemos viaxar ao parque natural da Baixa Limia-Serra do Xurés nos días 21,22 e 23 de Maio. Aprendimos un montón de cousas, e fixemos moitísimas actividades e visitas culturais, e tamén o pasamos moi ben. O primeiro día ademais da viaxe visitamos o castro de Castromao preto de Vilanova dos Infantes. En Celanova o Mosteiro e a Casa dos Poetas onde vivíu Curros. Despois xa no camping montamos as tendas, xantamos, e fomos facer piragüismo. De volta ao camping e despois de cear fomos facer xogos de asexo. O segundo día adicámolo case en exclusiva a facer unha ruta moi bonita que sae da aldea de Maus de Salas e remata cerca da aldea de Mugueimes despois de pasar por un montón de lugares fantásticos: pozas, fervenzas, canles, bosques, bolos graníticos… De volta da ruta fomos a darnos un merecido baño nas pozas do Río Caldo, preto de Lobios. E pola noite…outra vez xogos nocturnos O terceiro día, despois de desmontar as tendas e recoller, Visita...

Festa da lingua. 15 de maio

 Con motivo da celebración do 17 de maio, Día das Letras, o EDLG Trazos organizou varias actividades. A primeira foi unha exposición de material relacionado coas cantareiras e en concreto co concello ou comarca: o Cancioneiro Popular Galego e as súas entradas máis próximas (lugares de Ordes e de Tordoia); os libros relacionados co concello e as súas mencións ás panxolas e ás coplas populares; material discográfico con temas recollidos na zona. O 15 de maio organizamos unha Festa da Lingua, coa actuación como fío condutor de tres actrices no papel da musicóloga Dorothé Schubarth, unha alumna e unha anciá informante. Foron pasando as distintas actuacións en todas as etapas: baile do Xogo da Carrasquiña, baile do Señor da serra, baile e cantareiras coa Xota e muiñeira de Monzo, actuación do grupo de regueifa, un conto tradicional, actuación de cantareiras maiores de Trazo e a interpretación conxunta do tema 'A Sementeira'.  

Proxecto Son do pallote

No marco da celebración do 17 de maio, Día das Letras, encadramos o proxecto Son do pallote .  O CPI Viaño Pequeno quere contribuír a esta tarefa de posta en valor e difusión. Así, o departamento de Música e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega 'Trazos' decidimos poñer en marcha este proxecto Son do pallote, recompilando máis de trescentas coplas populares, recollidas en 2002 polo alumnado de Música de 4º de ESO. Das dez cintas conservadas, nove son voces femininas. Aquí aparece unha selección dos audios de cada cantareira. Estes audios  e os traballos escritos foron entregados ao Museo do Pobo Galego, onde serán accesibles a toda a cidadanía a través do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI).  Está relacionado dos ámbitos de Identidade territorial e Patrimonio cultural. Pódelo consultar neste enlace .

8 de marzo

 O alumnado de plástica de cuarto fixeron unha intervención durante o recreo para lembrar o día da violencia contra a muller. Utilizaron material das aulas e outro para representar diferentes aspectos relacionados.