Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

Dende o Blog de Proxecto Terra, Benvid@s ao curso 24/25!

  Este curso 24/25 o alumnado de proxecto competencial do CPI Viaño Pequeño tamén se encargará de coordinar o traballo de Proxecto Terra, e xestionar o seu blog neste terceiro curso en que o centro colabora con Proxecto Terra. Neste principio de curso estamos lendo a banda deseñada titulada ”A mansión dos Pampín”, sobre as aventuras e, sobre todo, desventuras dunha familia urbana cando herda unha casa de aldea.