Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2024

Enchoupándonos de cultura en Compostela

  O venres 26 de abril acudimos a Santiago para nos enchoupar de cultura, que non todo vai ser chuvia e clases. En primeiro lugar fomos ao Auditorio de Galicia para o espectáculo Pleasure Island , que o Departamento de Música do centro organizara. A proposta cruza o corpo e a música para afondar nos dous imaxinarios e na experiencia co que supostamente é “estraño”: que nos contan a estas percepcións, eses prexuízos, esas olladas aparentemente inusuais? As coreógrafas e intérpretes  Ariadna Montfort e Estela Merlos, coa dirección artística de  Cristina Cubells, presentáronnos esta actividade de danza e música contemporánea. A Real Filharmonía de Galicia poñía a banda sonora, interpretando as Danzas Concertantes de Igor Stravinski e a peza Internités de Januibe Tejera. Foi unha proposta arriscada moi ben acollida por un patio de butacas case cheo (esta Sala Mozart ten 974 butacas!) e onde puidemos ademais gozar da boa acústica e deseño da sala principal do edificio. De seguido trasla

O patio da escola

 Ao longo destes dous últimos cursos nais do Anpa, coa axuda de Rodrigo, o profesor de plástica de Secundaria estiveron enriquecendo o patio do colexio con lugares onde os nenos e nenas podan xogar a xogos tradicionais como a mariola, o tres en liña e algúns outros. Que boa idea, axudar a que os xogos de sempre no se acaben perdendo!