Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2023

Saída ao río Chonia

Boas. Eu son Martín Ramas Landeira, alumno de 1º de ESO do CPI Viaño Pequeno. A continuación contareivos a saída ao Río Chonia que fixemos o 9/10/23. Dende hai anos o colexio é voluntario no Proxecto Ríos e comproba cada ano o estado de saúde dun treito deste río. Dende o colexio subimos a un autobús cos profes Pablo, Lidia e Ignacio para achegarnos ata o Río Chonia. Cando baixamos do autobús, na aldea de Oa, dirixímonos a dito río. Polo camiño atopamos 2 batáns, algúns muiños e unha torre para fabricar enerxía eléctrica. (Hai anos chamabanselle fábricas de luz)Cando chegamos ao río fixemos unhas cantas probas e comprobacions en grupos de 4 persoas. Despois de realizar as probas xantamose, antes de voltar ao colexio, xogamos un pouco atravesando o río por riba de pedras que teñen milleiros de anos. Á hora de marchar, cando iamos cara o autobús, facía un sol abrasador. De tanta calor que facía, Ignacio levounos a unha gran fonte de pedra na aldea de Oa para alí poder descansar e refresc...

Comezo o novo curso 23-24 Proxecto Terra

Somos o alumnado de Proxecto Competencial do CPI Viaño Pequeno. Este segundo curso no que o centro colabora con Proxecto Terra, nós imos ser os encargados de coordinar o traballo. Neste principio de curso 23-24 estamos lendo a banda deseñada titulada ”A mansión dos Pampín” un conto que trata dunha familia  que hereda unha propiedade dunha tía con  moitos cartos. A familia quere reformar a casa pero esta demasiado vella e costaria demasiado arranxala. Ademais interveñen no sucedido outros persoeiros da contorna da mansión. Para saber mais sobre este libro hay que poñerse e lelo. Seica despois imos traballar sobre identidade territorial.