O venres 11 tivo lugar a xornada dos xogos populares, onde participou toda a escola: infantil, primaria e secundaria. Os alumnos de IAEE fomos os encargados de toda a organización. Adicamos 2 semanas a pensar, decidir e planificar todo o desenvolvemento. Na planificación previa ao evento, organizamos o traballo utilizando o drive como ferramenta onde compartir e ordenar todo o que iamos facendo. Tamén realizamos carteis co nome de cada xogo para logo situalos no lugar onde se ían desenvolver, e planos coa súa situación. Ese día pola mañá algúns alumnos e alumnas viñemos máis cedo para preparalo todo con tempo. Organizámolo de xeito que cada 2 alumnos/as de 4º curso ocupábanse dun xogo, de explicalo e dirixilo. Houbo unha grande variedade de xogos. Algúns deles eran aptos para os maiores, e outros para mais pequenos. Os profesores tamén colaboraron, en xeral axudaron onde foi necesario Este cadro é unha pequena mostra da nosa ...