SAIDA AO RÍO CHONIA

 Boas. Eu son Martín Ramas Landeira, alumno de 1º de ESO do CPI Viaño Pequeno. A continuación contareivos a saida ao RÍO CHONIA que fixemos o 9/10/23. Dende hai anos o colexio é voluntario no Proxecto Ríos e comproba cada ano o estado de saúde dun treito deste río.


 Dende o colexio subimos a un autobús cos profes Pablo, Lidia e Ignacio para achegarnos ata o Río Chonia. Cando baixamos do autobús, na aldea de Oa, dirixímonos a dito río. Polo camiño atopamos 2 batáns, algúns muiños e unha torre para fabricar enerxía eléctrica. (Hai anos chamabanselle fábricas de luz)Cando chegamos ao río fixemos unhas cantas probas e comprobacions en grupos de 4 persoas.


Despois de realizar as probas xantamose, antes de voltar ao colexio, xogamos un pouco atravesando o río por riba de pedras que teñen milleiros de anos.


Á hora de marchar, cando iamos cara o autobús, facía un sol abrasador. De tanta calor que facía, Ignacio levounos a unha gran fonte de pedra na aldea de Oa para alí poder descansar e refrescarnos. Cando iamos polo medio das casas desa aldea,  camiño do  autobús, algúns compañeiros timbraron nas casas dalgúns familiares e amigos.





Chonia 23_24

Comentarios

Publicacións populares